Xornada de voluntariado ambiental: Eliminación de especies exóticas invasoras na área litoral da ría de Betanzos

Borrador cartel 1

Erradicación de Cortaderia selloana (herba da Pampa) na zona do porto de Sada.

O próximo sábado 13 de xuño, o Concello de Sada xunto coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos organizan unha actividade de voluntariado aberta a todo o público para a eliminación de especies exóticas invasoras na área litoral da ría de Betanzos.

O obxectivo desta actuación busca difundir o coñecemento das especies exóticas invasoras e os danos que estas producen no medio ambiente. Para iso, coa axuda dos participantes na xornada, eliminaranse plantas de Cortaderia selloana (herba da Pampa ou plumacho), en parcelas do porto de Sada. Esta planta é unha das especies invasoras máis comúns e con maior perigo cara a biodiversidade no espazo litoral da ría de Betanzos. A zona onde se vai a traballar funciona como foco de dispersión e invasión da herba da Pampa cara todo o ámbito territorial limítrofe, e en especial presenta un perigo potencial cara os espazos naturais que existen nas áreas próximas.

A xornada desenvolverase o sábado pola mañá de 10:00 a 13:30 horas. Despois de recibir unha pequena charla introdutoria sobre a problemática ambiental das especies exóticas invasoras, comezarase cos traballos de corta e extracción destas plantas, para o que os voluntarios  contarán coas ferramentas adecuadas.

Os participantes na actividade contarán cun seguro de responsabilidade civil e accidentes.

Para inscribirse será necesario chamar ao teléfono 981 669 541 ou mandar un correo co nome completo, a idade, un teléfono de contacto e o DNI a: info@marinasbetanzos.org.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s