A2. Visita a experiencia de programas de xestión integrada de zonas costeiras

RESUMO

Con esta actividade buscábase realizar unha visita a un proxecto de xestión integrada de zonas costeiras, para animar aos principais axentes implicados na xestión e aproveitamento da ría, mellorar o coñecemento dos obxectivos da iniciativa e que puideran coñecer en primeira persoa os resultados do mesmo.

Dado que na actualidade non existe un proxecto de xestión integrada do litoral na costa cantábrica, para que tiveran características similares á ría de Betanzos, considerouse de maior utilidade visitar experiencias demostrativas de iniciativas de mellora dos espazos naturais e aproveitamento e xestión sostible dos recursos no litoral.

Desta maneira, as iniciativas finais visitadas foron a Ribadeo (Lugo), Reserva de Biosfera de Urdaibai, Bermeo e Lekeitio (Bizkaia).

Para a selección dos participantes buscouse que estiveran representados os diferentes axentes que interveñen nos espazos litorais e mariños, así participaron representantes: das confrarías, dos concellos, de asociacións, do Grupo de Acción Costeira, da Reserva de Biosfera e responsables do proxecto.

PROGRAMA

A visita realizouse entre o 31 de maio e o 2 de xuño de 2015. O programa seguido nestes días foi o seguinte:

  • Domingo 31 de maio:
    • Visita con Horacio Cupeiro (Concelleiro de Medio Ambiente, Medio Mariño e Consumo do Concello de Ribadeo) a diversos proxectos de rehabilitación de espazos naturais e recuperación de patrimonio mariño na ría de Ribadeo:
      • Eliminación de flora exótica invasora na ribeira da ría de Ribadeo, por árbores autóctonas (acivros, carballos, loureiros, cerdeiras, etc.).
      • Rehabilitación de muíños de mareas e de río.
      • Restauración de antiga fábrica de salazón e produción de algas como centro deportivo para piragüismo.

DSC_0769DSC_0776DSC_0774

DSC_0794DSC_0823DSC_0817

  • Luns 1 de xuño:
    • Visita con Manuel Monge (Técnico da Reserva de Biosfera de Urdaibai) ao Centro de Biodiversidad del Pais Vasco, ás instalacións da Reserva de Urdaibai e ao proxecto de conservación no estuario da ría de Urdabai, cunha gran similitude ao estuario da ría de Betanzos.
      • A marisma de Urdaibai (www.urdaibai.org) trátase do estuario mellor conservado da costa vasca que integra unha gran variedade de ecosistemas, constitúe a única Reserva de Biosfera do País Vasco e na actualidade atópase ameazada pola proliferación de especies de flora exótica invasora (Baccharis halimifolia). Para facer frentes a este problema, desenvolveron o proxecto “Restauración de hábitats de interés comunitario en estuarios del País Vasco”, que tiña como obxectivo principal a recuperación de estes hábitats nos estuarios de Urdaibai, Txingudi e Lea.

DSC_0844DSC_0885DSC_0857DSC_0852DSC_0897DSC_0904

  •  Visita con Jon Hidalgo (Fundación Lurgaia) a diversos proxectos de custodia do territorio onde se busca eliminar especies invasoras e potenciar a rexeneración da flora autóctona de forma natural.
    • A Fundación Lurgaia  (www.lurgaia.org) centrase na conservación da biodiversidade e a xestión do medio natural, tendo na actualidade tres programas postos en marcha: Restauración e conservación de bosques autóctonos; Recuperación e xestión de zonas húmidas e Recuperación e xestión de especies singulares e ameazadas.
    • Ademais visitouse o porto pesqueiro de Bermeo onde se cambiaron impresións sobre a situación do sector do mar con varios traballadores de barcos de pesca con características similares aos do porto de Sada.

DSC_0925DSC_0929DSC_0930

DSC_0932DSC_0954DSC_0957

Martes 2 de xuño:

  • Visita con Nekane Irusta (Técnico de Lea Artibai Garapen Agencia de Desarrollo (www.leartibai.com)) ao Centro de Patrimonio Marítimo no Faro de Lekeitio e ao muíño de mareas de Marierrota e exposición do plan de dinamización do turismo como diversificación de actividades na costa vasca.

DSC_0970DSC_0990DSC_1015DSC_0006DSC_0013DSC_0022

CONCLUSIÓNS

Os axentes participantes puideron comprobar in situ diferentes iniciativas:

  • Alternativas ao aproveitamento directo do medio mariño de forma sostible.
  • Pasos a seguir e resultados cara a implementar un modelo de Xestión Integrada de Zonas Costeiras.
  • Ideas de cara a posta en valor do patrimonio histórico nos espazos litorais
  • Propostas para a eliminación de especies invasoras e o fomento da rexeneración da flora silvestre.
  • Diversificación de actividades no medio mariño.
  • Coñecer diferentes formas de xestión de espazos naturais.
  • Fomento da participación social, do traballo conxunto e da implicación dos axentes involucrados na xestión integrada do litoral.

Todas estas ideas e iniciativas resultan fundamentais de cara a implantar a Xestión Integrada da Zona Costeira na ría de Betanzos, xa que os axentes se conciencian de que existen alternativas de xestión sostibles ás realizadas na actualidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s