Actividades

Haberá catro tipos de accións a realizar neste proxecto de Xestión Integrada de Zonas Costeiras:

Accións de animación; a través da realización dun seminario de lanzamento onde poderán participar todos os interesados, para coñecer en detalle a súa situación e as iniciativas do proxecto. Tamén se realizarán reunións de diagnose e propostas, nas que os axentes implicados poderán aportar as súas ideas, opinións e demandas.

Accións demostrativas; realizando actuacións sobre o terreo de investigación da situación actual da Ría de Betanzos, co propósito final da realización dun SIXweb (Sistema de Información Xeográfica) da Ría de Betanzos con toda a información obtida nos estudos previos e que servirá para a toma de decisións futuras. Incluirase ademais un programa de voluntariado para involucrar á poboación local na recuperación e mellora do estado ecolóxico da ría e un concurso gastronómico para a valorización dos produtos mariñeiros nos establecementos hostaleiros da zona.

Accións de divulgación; para acercar á poboación e aos axentes implicados os resultados obtidos neste proxecto e a súa aplicabilidade, levaranse a cabo actividades de difusión, concienciación e educación ambiental. Realizarase por outro lado unha visita con axentes involucrados no proxecto a unha experiencia de Xestión Integrada de Zonas Costeiras que sirva como demostración dos beneficios que pode producir unha iniciativa desta tipoloxía.

Accións de avaliación e seguimento;  co obxectivo final de controlar a evolución das accións. Consistirá na elaboración dun Plan de monitoreo e seguimento das accións do presente proxecto e un informe final do mesmo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s