A.3. Realización de reunións de diagnose e propostas

RESUMO

Buscábase con esta acción establecer unha mesa de participación, “Mesa de participación da ría”, que funcionara como un foro de debate no que os diferentes axentes da ría de Betanzos recibiran de maneira estruturada a información que se fora xerando durante a realización do proxecto, para buscar a participación e a incorporación das opinións e ideas dos axentes involucrados nunha xestión adecuada dos espazos litorais.

Establecéronse 3 reunións durante a duración do proxecto (2, 5 e 10 de xuño de 2015), durante as cales os principais actores na xestión do litoral da ría de Betanzos puideron compartir e poñer en común diferentes puntos de vista, opinións e experiencias, creando así un foro de debate que axudou a fomentar a participación da cidadanía nas decisión que afectan ao seu ámbito territorial.

Debido ao breve período de tempo dispoñible para a realización do proxecto, non se puido establecer unha comisión permanente, cunha serie de persoas fixas que formara a Mesa da ría. Desta maneira, optouse por organizar as reunións con membros diversos e non permanentes que aportaron múltiples enfoques sobre a xestión actual e futura da ría de Betanzos. Ademais aproveitouse a realización de outras actividades para tratar de reunir ao máximo número de axentes implicados coñecedores da realidade actual.

Participaron nas reunións representantes de: confrarías de pescadores, redeiras, Concellos, Xunta de Galicia, asociación de empresarios, asociacións ambientalistas e socioculturais, entidades de desenvolvemento rural, Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e  centros de divulgación ambiental.

DSC_1003DSC_1006DSC_0135DSC_0144IMG_20150610_211145IMG_20150610_211150

 

CONCLUSIÓNS

Os principais temas tratados e que se puideron identificar e concluír como puntos clave polos axentes nas diferentes reunións,  para entender a situación actual e as ideas de futuro foron:

  • Pouco coñecemento do sector do mar por parte da sociedade e pouca coordinación e cooperación entre administracións.
  • Descoñecemento da situación actual dos bancos pesqueiros e marisqueiros e da potencialidade dos mesmos.
  • Contaminación importante de certas zonas da ría de Betanzos.
  • Non se ten en conta o coñecemento dos pescadores. Non existe unha transmisión de información entre; pescadores-mariscadores e investigadores-administración.
  • Importancia ambiental e económica da zostera mariña (especie protexida, diminúe a erosión, capacidade de fixación de carbono, zonas de cría para a fauna mariña, airean as augas e fondos da ría, fixan sedimentos e posible recurso turístico).
  • Descoñecemento do que representa e afecta aos espazos naturais protexidos.
  • Pouca representatividade da zona mariña na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • Bo produto e imaxe dos recursos mariños. Necesario unha marca de calidade ligada á Reserva de Biosfera ou á marca “Pesca de Rías” , para facilitar a comercialización e diferenciarse dos produtos foráneos de baixo prezo.
  • Relevancia da pesca recreativa e furtivismo no aproveitamento dos recursos.
  • Excesiva presión sobre os recursos mariños nalgúns casos e cotas de capturas non ligadas á realidade da zona noutros.
  • Competencia de usos dentro da ría (turismo, pesca, marisqueo, natureza) e descoñecemento da capacidade de carga.
  • Pouca innovación nos produtos transformados e na súa comercialización.
  • Posible xeración de actividades ligadas á divulgación e educación ambiental (puntos de interese ambiental, histórico, cultural, social), turismo mariñeiro, náutico, praias, etc.

DIAGNOSE

OPORTUNIDADES AMEAZAS
Plan de acción no marisqueo (desde a Federación Galega de Confrarías). Escaseza de recursos nas rías.
Modificación do código penal (de cara o furtivismo). Pesca recreativa e furtivismo, non se coñece a totalidade dos recursos que se están a sacar da ría.
Turismo Mariñeiro e Turismo Starlight nocturno. Especies invasoras.
Centros de divulgación e educación ambiental (CEIDA) O problema na etiquetaxe de produtos que non é necesario indicar o lugar de procedencia.
Transparencia na transmisión de información (pescadores à investigadores à administración). As medidas que se adoptan para a xestión pesqueira están baseadas en información procedente de actividades extractivas a cal é incompleta ou non veraz e leva a tomar decisións equivocadas.
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A pesca recreativa pode ser unha oportunidade desde o punto de vista do turismo, ou unha ameaza porque interfire na pesca comercial.
Os futuros Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). As malas políticas de xestión dos océanos, a nivel mundial, fai perder moitos cartos.
Ampliación das zonas núcleo (protexidas) da Reserva de Biosfera.
Rede Natura 2000.
A Zostera Mariña (especie protexida).
FORTALEZAS DEBILIDADES
Pesca e marisqueo sostible. Non se sabe vender a boa calidade que teñen os produtos de Galicia.
Produtos con moi boa calidade (Marca de Calidade + Trazabilidade). Poucos recursos económicos para a eliminación de especies invasoras.
Falar con tódolos grupos de interese para detectar posibles carencias. O mal estado de saneamento das rías.
A zona do golfo Ártabro e moi rica en información de aves. Falta de comunicación entre pescadores.
Recoller o coñecemento dos pescadores (zonas onde pescan). Falta de información (estudos) ao alcance de todos.
Hai poucas especies mariñas protexidas (dificultade para obter fondos).
Falta de representatividade do medio mariño nas Reservas de Biosfera.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s