B2. Realización dun Sistema de Información Xeográfico

RESUMO

Con esta acción creouse unha ferramenta baseada en Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para mellorar a información e a toma de decisión para os axentes implicados, visualizar os resultados do proxecto, os datos obtidos en campo e poñer á disposición do público dunha maneira sinxela e visual, información e cartografía de interese sobre a ría de Betanzos.

Para o deseño da ferramenta realizouse unha recollida de información de campo e de cartografía de diversas fontes, na súa maioría centradas no aproveitamento, administración e xestión de áreas mariñas.

O instrumento creado resulta un Servizo de mapas en Web (WMS), que abarca toda a ría de Betanzos e que permite a visualización cunha imaxe cartográfica xerada a partir de varias fontes. Este servizo web permite visualizar información xeográfica xeorreferenciada a través de internet.

Creado con software libre (Open Source) Mapserver e nas librerías libres de Openlayers 2, conta con información dos límites administrativos, infraestruturas, fisiografía e ortofotografia entre outra información de diversas fontes de organismos públicos e privados (Infraestructuras de Datos Espaciais (IDE)).

Entre a diversa información coa que conta a visor web, podemos atopar os diversos puntos de control indicadores do estado e evolución da ría identificados na acción B1. Ademais tamén se pode comprobar e consultar as zonas de aproveitamentos e usos, como as zonas de bateas e marisqueo ou os puntos de vertidos á ría de Betanzos.

A información aportada a este visor será dinámica e flexible, xa que a incorporación de máis datos e cartografía se realiza dunha forma áxil e sinxela o que facilita o seu mantemento.

O produto de saída deste servizo é unha imaxe en formato jpg, o que permite aos usuarios ter unha apreciación directa e abre diferentes posibilidades á hora de crear nova cartografía ou traballos relacionados.

O acceso a este servizo de mapas pódese facer a través da sección “Visor” do menú principal de esta páxina web.  (https://xizcriadebetanzos.wordpress.com/visor).

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s