B3. Programa de voluntariado ambiental no Concello de Sada

RESUMO

As accións de voluntariado tiñan os obxectivos de fomentar a participación da poboación local na conservación e mellora dos espazos naturais do concello de Sada e da ría de Betanzos, implicar activamente, educar, sensibilizar e concienciar sobre a importancia, os valores e os problemas ambientais da ría ao público, e mellorar hábitats degradados.

ACTIVIDADES

  • Centros escolares de Paderne

A actividade de voluntariado e divulgación ambiental desenvolveuse cos nenos de entre 3 e 5 anos dos seguintes centros de educación infantil do concello de Paderne:

Código Nome Enderezo Concello Provincia Teléfono
15021603 EEI de Viñas San Pantaleón Paderne A Coruña 981 782 090
15024045 EEI de Areas Adragonte (Santiago) Paderne A Coruña 649 180 677
15024744 EEI de Souto Souto Paderne A Coruña 686 909 188

Houbo un total de 34 participantes, entre alumnos, profesores e persoal.

Os nenos achegáronse á Aula da Ría de Betanzos (situada en Chantada – Paderne), onde se lles falou da ría de Betanzos e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dos espazos mariños e das clases de animais e plantas que podemos atopar. Da pesca, do marisqueo e dos problemas da contaminación e dos residuos que se tiran ao mar. E por último tamén se lles explicou os problemas das especies invasoras.

Unha vez rematada a primeira toma de contacto co mundo mariñeiro, desprazáronse á Ponte do Porco, na desembocadura do río Lambre, onde se lles entregou unha mazá e unha botella de auga para merendar.

Despois de coller forzas, comezouse o paseo pola ría cunhas acompañantes moi especiais, dúas mariscadoras! As mariscadoras ensináronlle os nenos e nenas como facían o seu traballo e como tiñan que coidar do mar para que eles puidesen ter peixe e marisco fresco nas súas casas.

Os nenos e nenas mostráronse interesados desde o primeiro momento. Aprenderon o duro que pode chegar a ser o traballo, pero tamén tiveron tempo a pasalo ben.

Para rematar a visita, os nenos e nenas fixeron unha recollida simbólica do lixo que había nunha zona da ría, onde lonxe de atopalo como un traballo vírono como un xogo a ver que equipo recollía máis lixo.

 DSC_0723DSC_0742DSC_0728DSC_0745DSC_0781DSC_0783

 

  • Centro escolar de Miño

A actividade de voluntariado e divulgación ambiental desenvolveuse cos nenos de entre 3 e 7 anos da Escola Unitaria do concello de Miño:

Código Nome Enderezo Concello Provincia Teléfono
15023223 CEIP de Bemantes Bemantes Miño A Coruña 981 798 068

Houbo un total de 21 participantes, entre alumnos, profesores e persoal.

O persoal da ADR Mariñas – Betanzos achegouse á escola unitaria de Miño (situada en Bemantes), onde lles falaron aos nenos e nenas sobre a ría de Betanzos e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sobre espazos mariños e as clases de animais e plantas que podemos atopar. Da pesca, do marisqueo e dos problemas da contaminación e dos residuos que se tiran ao mar. E por último tamén se lles explicou os problemas das especies invasoras.

Unha vez rematada a primeira toma de contacto co mundo mariñeiro, desprazáronse ao Porto de Miño. Explicóuselle como se formaban as mareas, e ensinóuselle toda a vista panorámica da ría. Despois deron un pequeno paseo e pararon nun parque para repoñer forzas con unha mazá e unha botelliña de auga. Despois colleron o bus para ir a praia de Miño onde aprenderon máis sobre a flora e fauna mariña e onde fixeron a recollida simbólica de lixo.

Posteriormente visitouse o Esteiro do río Baxoi coas mariscadoras para amosarlles como fan o seu traballo. Alí, estas ensináronlle aos nenos e nenas as diferentes especies de marisco que había na ría e cómo o collían.

Para finalizar, mostróuselle a recente colocación do panel informativo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

DSC_0800 DSC_0813 DSC_0819DSC_0827 DSC_0837 DSC_0847

 

  • Centros escolares de Sada

A actividade de voluntariado e divulgación ambiental desenvolveuse cos nenos de entre 3 e 5 anos das escolas de Sada:

Código Nome Enderezo Concello Provincia Teléfono
15022565 EEI de Carnoedo Rúa Taibo, 1A Sada A Coruña 981 621 816
15014881 CEIP Sada y sus contornos Avenida Sada y sus contornos Sada A Coruña 981 620 337

Houbo un total de 70 participantes, entre alumnos, profesores e persoal.

O persoal da ADR Mariñas – Betanzos achegouse á casa da Cultura de Sada, onde se reuniron cos dous colexios participantes. Faláronlles  aos nenos e nenas sobre a ría de Betanzos e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sobre espazos mariños e as clases de animais e plantas que podemos atopar. Da pesca, do marisqueo e dos problemas da contaminación e dos residuos que se tiran ao mar. E por último tamén se lles explicou os problemas das especies invasoras.

Despois de pasear polo porto de Sada, foron á lonxa onde participaron nunha poxa real de sardiña. Fixeron unha parada para repoñer forzas onde se lles dou unha botella de auga e unha mazá.

Para finalizar a visita, realizaron unha recollida simbólica de lixo na praia de Sada.

DSC_0885 DSC_0900 DSC_0910 DSC_0913 DSC_0919 DSC_0928

 

  • Centros escolares de Bergondo

A actividade de voluntariado e divulgación ambiental desenvolveuse cos nenos de entre 3 e 5 anos dos seguintes centros de educación infantil do concello de Bergondo:

Código Nome Enderezo Concello Provincia Teléfono
15001033 CRA de Bergondo Estrada A Coruña – Ferrol Bergondo A Coruña 981 791 896

Houbo un total de 106 participantes, entre alumnos, profesores e persoal, en máis de 5 centros de educación infantil pertencentes ao CRA de Bergondo (Escolas de Carrio, Guísamo, Lubre, Silvoso e Vixoi).

O persoal da ADR Mariñas – Betanzos achegouse a cada un dos cinco colexios rurais agrupados (CRA) de Bergondo, onde se lles falou da ría de Betanzos e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dos espazos mariños e das clases de animais e plantas que podemos atopar. Da pesca, do marisqueo e dos problemas da contaminación e dos residuos que se tiran ao mar. E por último tamén se lles explicou os problemas das especies invasoras.

Estes colexios xa tiñan feito unha saída á praia de Gandarío para recoller o lixo, polo tanto non se repetiu a visita.

Carrio (3) Guísamo (1) IMG_2325 Vixoi (7) IMG_20150515_132336 IMG_20150515_132621

 

  • Eliminación de Cortaderia selloana (herba da Pampa) na zona do porto de Sada

A actividade de voluntariado ambiental para a eliminación de especies exóticas invasoras, desenvolveuse o sábado día 13 de xuño, en dúas parcela do porto de Sada invadidas pola Cortaderia selloana. Aberta a todo o público, contou coa participación dun total de 14 persoas (Anexo 2) de todas as idades (dende os 9 ata os 60 anos).

O obxectivo desta actuación era difundir o coñecemento das especies exóticas invasoras e os danos que estas producen no medio ambiente. Para iso, coa axuda dos participantes na xornada, elimináronse inflorescencias e pequenas plantas de Cortaderia selloana (herba da Pampa ou plumacho), en parcelas do porto de Sada (0.49 ha).

Esta planta é unha das especies invasoras máis comúns e con maior perigo cara a biodiversidade no espazo litoral da ría de Betanzos. A zona onde se traballou funcionaba como foco de dispersión e invasión da herba da Pampa cara todo o ámbito territorial limítrofe, e en especial presentaba un perigo potencial cara os espazos naturais que existen nas áreas próximas.

A xornada desenvolveuse o sábado 13 pola mañá, de 10:00 a 13:30 horas. Despois de escoitar unha pequena charla introdutoria sobre a problemática ambiental das especies exóticas invasoras e de recibir unha ficha resumo coa información máis importante da Cortaderia (Anexo 3), os participantes comezaron o traballo de corta e extracción desta planta. Dado o gran porte que alcanzaban algunhas e para o que se necesitarían medios mecánicos para a súa eliminación, decidiuse extraer as inflorescencias dos individuos de maior tamaño e eliminar as plantas de menor porte que brotaran nas parcelas. Os restos das plantas cortadas e arrancadas eran gardados en bolsas de plástico e almacenados nun punto da parcela para que o persoal do Concello de Sada os retirara e xestionara da maneira axeitada para este tipo de residuos.

Os voluntarios contaron coas ferramentas adecuadas para o desenvolvemento dos traballos e cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Ao final da xornada os participantes puideron repoñer forzas cunha botella de auga e unha mazá aportados pola organización.

 IMG_20150613_103322 IMG_20150613_113024IMG_20150613_120011 IMG_20150613_120420

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s