B4. Concurso gastronómico con produtos mariñeiros

RESUMO

O obxectivo de esta actividade era o de promocionar os recursos naturais obtidos directamente da ría de Betanzos, así como o de impulsar as actividades de pesca, marisqueo, producións acuícolas e turismo no concello de Sada e no ámbito de toda a ría.

Debido á que o Concello de Sada xa tiña programado un concurso de tapas dentro da Festa da Xiba, denominado “Sabores de boa tinta” e centrado na exaltación da xiba, buscouse crear unha actividade complementaria a esta, o concurso de tapas “Sabores da ría de Betanzos”, no que a parte de poder participar con tapas feitas con xiba, se puideran realizar tapas cuxo ingrediente principal fora un produto extraído da ría de Betanzos (xarda, sardiña, xurelo, ameixa, mexillón, ourizo, algas, etc.) a máis da xiba.

Con estes dous concursos conxuntos buscábase crear sinerxías para organizar un evento gastronómico que puxera en valor os produtos da ría de Betanzos e que xeran traballo e riqueza na zona.

Anuncio_prensa_concursodetapas_SadaIMG_20150529_201643

Para a organización do concurso “Sabores da ría de Betanzos” creáronse unhas bases que regularan os procedementos a seguir na actividade, dende as inscrición ata o método de elección.

O número de inscritos foi de 35, con 47 tapas preparadas para os concursos.

A tapa gañadora do concurso “Sabores da ría de Betanzos” e que obtivo unha maior puntuación por parte da votación popular foi a denominada como “Mexibión”, que combinaba o mexillón e a xiba, elaborada polo establecemento “Don Chuletón”.

Mexibion

Por outra parte, os gañadores do concurso “Sabores de boa tinta” e “Que boa pinta”, que se organizaban de maneira conxunta con “Sabores da ría de Betanzos” e que so contaban como produto principal a xiba, foron “Crocante de xiba Marbella” do establecemento “Marbella” e “Sabroso 7” do “Coffee 7”, respectivamente.

 Crocante de Xiba Marbella_Gañador ConcursoSabroso 7_ Gañador que boa pinta

Os premios para os gañadores dos concursos gastronómicos con produtos mariñeiros foron aportados polo proxecto de “Xestión Integrada da Zona Costeira na ría de Betanzos como Ferramenta de desenvolvemento do concello de Sada”, e consistiron nunha cesta de bebidas elaboradas na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Desta maneira contribúese á promoción de produtos da zona e facilitase aos restauradores a proba de novas bebidas que poidan incorporar ao seu establecemento. Todas as cestas levaban un listado cos   produtos que contiñan para facilitar o posible contacto entre os restauradores e os elaboradores.

A cesta de licores estaba composta por:

  • 1 botella de xenebra Vánagandr (Cambre).
  • 1 botella de viño da adega Quinta Val de Sonheiro (Sada).
  • 2 botellas de viño das adegas da Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Betanzos (ámbito xeográfico da IXP).
  • 2 botellas de cervexa artesá Eira, corazón de orxo  (Betanzos).
  • 2 botellas de cervexa artesá Zetas (Sada).
  • 2 botellas de cervexa artesá Bandua (Sada).

 

IMG_20150611_123817

 

CONCLUSIÓNS

A organización do concurso de “Sabores da ría de Betanzos” axudou a complementar o xa organizado con anterioridade polo Concello de Sada na Festa da Xiba. Así, ademais de promover a posta en valor da xiba, puidéronse degustar outros produtos da ría, como o mexillón ou a centola.

Con 35 establecementos participantes e 5687 votacións do público, máximo de participación en todas as edicións organizadas da Festa da Xiba , constatase o éxito que supuxeron os concursos gastronómicos organizados de maneira coordinada e creando sinerxías entre ambos.

Este evento serviu de promoción para os produtos da ría, non só nos concellos da mesma, senón en toda a área metropolitana da Coruña, como puideron  constatar os establecementos participantes con público que proviña de Arteixo, Coruña, Cambre, Oleiros, etc.

Ademais esta actividade gastronómica serviu para que os restauradores innovaran nas propostas culinarias que poden ofrecer aos clientes, ofertando novas propostas e ideas a produtos extraídos da ría.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s