C2. Difusión nos medios de comunicación dos logros do proxecto

RESUMO

Con esta actividade buscábase divulgar as accións organizadas no proxecto para fomentar a participación do maior número de persoas, así como transmitir os beneficios e o propio valor engadido derivado da implantación dun modelo de xestión integrada do litoral na ría de Betanzos. A difusión centrouse nos medios con maior repercusión da zona, e serviu para concienciar e involucrar aos habitantes da área de influencia da ría e á poboación civil organizada, así como a identificar as claves para que funcione correctamente un Plan de xestión integrada da zona costeira.

TRABALLOS E MATERIAIS REALIZADOS

Para lograr a maior difusión posible e poder chegar aos axentes involucrados na xestión da zona costeira, así como ao público en xeral, as iniciativas realizadas foron:

  • Deseño dun logo para o Proxecto

Na busca de crear unha imaxe que identificara ao proxecto cara o público, deseñouse un logo que representase a iniciativa e á realidade da ría de Betanzos.

Para o deseño do logo considerouse incluír os diversos obxectivos do proxecto e os factores necesarios para promover unha xestión integrada do litoral. Desta maneira na imaxe do logo integrase o espazo terrestre como un filtro verde que debe depurar as augas contaminadas, a liña do litoral da ría de Betanzos –os areais-, que marcan o límite entre a área mariña e a terrestre, e a zona mariña de azul claro e cas ondas que simbolizan a limpeza que deberían ter as augas.  Todos estes elementos forman a figura dun mexillón, un dos produtos máis representativos que se extraen da ría de Betanzos, e que trata de representar o aproveitamento sostible que se pode realizar da ría dunha maneira respectuosa co medio ambiente.

Logo_convinado

Esta marca identificativa foi valorada moi positivamente tanto polos axentes involucrados no proxecto como polo público en xeral, xa que simboliza a intención de continuidade da iniciativa no futuro, máis alá da finalización do financiamento existente, así como a idea de colaboración entre todos os concellos da ría e incluso augas arriba.

  • Presentación pública do proxecto no Concello de Sada

O día 18 de maio, no Salón de Plenos do Concello de Sada, realizouse unha Xornada Informativa Técnica para presentar ao público en xeral as actividades a desenvolver no marco do proxecto “Xestión Integrada da Zona Costeira na ría de Betanzos como ferramenta de desenvolvemento do concello de Sada”. Xunto a esta iniciativa, tamén se presentou o Proxecto Mar de Sada, financiado polo Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro e a VI Festa da Xiba.

IMG-20150519-WA0000

Programa xornada informativa

Presentacion do proxecto

  • Páxina web do proxecto

Debido ao aumento de información xestionada e xerada polo proxecto e para facilitar o acceso, decidiuse cambiar a páxina web realizada na anterior fase do proxecto (https://xestionintegradadezonascosteras.wordpress.com) por unha máis simple e cunha estrutura máis completa (https://xizcriadebetanzos.wordpress.com), que puidera albergar todos os datos obtidos durante o proxecto (Proxecto XIZC ría de Betanzos / Obxectivos / Actividades / Visor / Contacto) e onde se informaba de todas as novidades das accións do mesmo.

  • Outras páxinas web
  •  Redes sociais (Facebook da A.D.R. Mariñas Betanzos), 8260 visitas ás publicacións realizadas
  •  Máis de 10 notas de prensa en xornais (Anexo 2)
    •  Entrevista ao xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. La Opinión
    • La Voz de Galicia
    • El Ideal Gallego
  • Impresión de máis de 200 folletos de difusión do proxecto 

Cuadríptico informativo proxecto

  • Impresión de máis de 50 carteis divulgativos da xornada de voluntariado e dípticos dos Seminarios 

Borrador cartel 1

  • Dous anuncios en prensa (El Ideal Gallego e La Voz de Galicia) do concurso gastronómico.

Anuncio_prensa_concursodetapas_Sada

CONCLUSIÓNS

A realización dos diversos traballos de difusión e divulgación do proxecto (logo, xornada de presentación, notas de prensa, redes sociais, carteis, dípticos, folletos, anuncios, etc.), axudaron a que o proxecto e as actividades organizadas dentro deste, puideran chegar a gran cantidade de público dos concellos da ría de Betanzos, das comarcas de Betanzos e Coruña, chegando incluso a nivel provincial.

Grazas a esta difusión, o nivel de participación nas accións do proxecto foi considerablemente elevado. Ademáis, permitiu que as persoas interesadas ou axentes “de interese” no proceso de deseño de estratexias, puidesen conocer o proxecto e involucrarse máis en profundidade na súa execución.

Tamén o proxecto conseguiu atraer aos medios de comunicación de prensa, abrindo o seu interese e o debate na cidadanía, o que garantirá que o proceso poida continuar desde agora no tempo.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s