D2. Informe final

RESUMO

No presente informe resúmense todas as accións realizadas e os resultados obtidos en cada unha delas, durante a execución do presente proxecto. O obxectivo é ter recollida a evolución da ría durante este intervalo de tempo nun documento que permita avaliar e decidir sobre o interese de seguir avanzando no uso da ferramenta Xestión integrada de zonas costeiras na ría de Betanzos.

RESULTADOS, CONCLUSIÓNS E LECCIÓNS APRENDIDAS

O proceso posto en marcha con esta iniciativa piloto polo Concello de Sada ten sido un éxito, atendendo á involucración dos axentes locais, á participación da cidadanía nas actividades desenvolvidas e nos resultados conseguidos en tan pouco tempo.

Comprobouse que o proxecto serviu para dinamizar o proceso de gobernanza a nivel local, identificando e involucrando aos axentes clave do litoral. Resulta preciso involucrar a máis entidades, que axuden a transformar os obxectivos identificados en proxectos reais. Visitas a experiencias demostrativas resultan fundamentais de cara a implantar a Xestión Integrada da Zona Costeira na ría de Betanzos, xa que os axentes se conciencian de que existen alternativas de xestión sostibles ás realizadas na actualidade.

Nas actividade de voluntariado conseguiuse a sensibilización da poboación, en gran parte de nenos e nenas, dos perigos que supoñen para a ría de Betanzos a proliferación de especies exóticas invasoras, a contaminación e a mala xestión dos residuos, o aproveitamentos excesivo dos recursos mariños a mala conservación dos espazos naturais ou a importancia da biodiversidade.

Traballos como o do concurso gastronómico axudaron a promover os produtos da ría, non só nos concellos da mesma, senón en toda a área metropolitana da Coruña, como puideron  constatar os establecementos participantes con público que proviña de Arteixo, Coruña, Cambre, Oleiros, etc, ademais de servir para que os restauradores innovaran nas propostas culinarias que poden ofrecer aos clientes, ofertando novas propostas e ideas a produtos extraídos da ría.

Ca creación do visor WEB ponse en marcha unha ferramenta fundamental para de información sobre a ría, visualizando toda a información territorial creada no proxecto XIZC ría de Betanzos, dándolle acceso á todo o público a datos que permiten coñecer en detalle cal é a situación natural e socio-económica do ámbito de influencia da ría e podendo monitorizar evolución da mesma nun futuro.

A realización dos diversos traballos de difusión e divulgación do proxecto (logo, xornada de presentación, notas de prensa, redes sociais, carteis, dípticos, folletos, anuncios, etc.), axudaron a que o proxecto e as actividades organizadas dentro deste, puideran chegar a gran cantidade de público dos concellos da ría de Betanzos, das comarcas de Betanzos e Coruña, chegando incluso a nivel provincial.

Identificáronse tamén os principais problemas da ría así como as oportunidades que se abren de cara ao futuro, mantendo a participación dos axentes locais en todo momento e promovendo a súa participación.

Por outra banda, o GAC Golfo Ártabro está chamado a ser un axente clave na coordinación e animación deste proceso de cara ao futuro, dispoñendo de financiamento dentro do Fondo Europeo da Pesca cun programa 2014-2020 para a posta en marcha de iniciativas.

O marco de desenvolvemento futuro, dentro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, confire unha proxección internacional ás actividades que poidan desenvolverse na ría, no marco da sostenibilidade e na posta en valor dos recursos na zona litoral.

FUTUROS PROXECTOS E LIÑAS DE TRABALLO

As propostas e liñas de acción a impulsar de cara ao futuro, deberán integrar a tripla compoñente na súa formulación: unha compoñente económica, outra social e outra ambiental.

A ferramenta de Xestión Integrada de Zonas Costeiras aplicada na ría de Betanzos-Ares, dentro do marco que conforma a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, garantizará coherencia con esta tripla compoñente, asegurando a participación dos axentes locais e outras entidades con competencias na gobernanza do territorio, ademais de permitir integrar tanto os coñecementos técnico-científicos co saber tradicional da xente do mar.

O feito de desenvolver esta metodoloxía na ría de Betanzos será un proxecto pioneiro en Galicia e no Estado español, e poderá situar ao territorio como referente nestes procesos na zona atlántica europea.

A recuperación da “cultura mariñeira” e a súa posta en valor a través do turismo, permitirá tamén diferenciarse doutros territorios e atraer este tipo de turismo, sempre en convivencia coa cultura local. Esta recuperación podería comezar no traballo de sensibilización coa cidadanía e cos escolares, permeabilizando ao resto do territorio.

A base sobre a cal cimentar esta estratexia será a recompilación e xeración de información sobre a ría (capacidade de carga; usos compatibles; diversificación), e a súa posta en común con parte de todos os axentes interesados, sendo para elo clave o funcionamento do visor-SIX que se ten construído, así como a organización de actividades de divulgación e difusión nos concellos.

Esta información permitirá afrontar os principais problemas identificados (inicialmente os puntos de verquido e o saneamento), buscando vías de financiamento para mellorar a calidade das augas e recuperar a productividade do pasado.

Respecto á mellora na comercialización das producións do mar e o incremento do seu valor, sería necesario explorar a viabilidade de utilizar a “Marca Reserva de Biosfera” para estas producións, incorporándoas nos establecementos de gastronomía local tamén como un feito diferencial, e incorporando outros produtos da Reserva (viño de Betanzos, horta ecolóxica, queixos, etc.).

Neste contexto é interesante destacar o traballo emprendido polo Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”, cuxo obxectivo é o desenvolvemento integral e sostible da zona costeira. No novo período 2014-2020, agardan abrir novas liñas de financiamento, así como lograr apoio de entidades e institucións para mellorar a calidade de vida das comunidades costeiras.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s