Mar de Sada

Logo_mar de sada

Fomentar o aproveitamento dos recursos pesqueiros materiais e inmateriais para o turismo é un dos obxectivos do proxecto GAC “Mar de Sada” impulsado polo Concello de Sada e financiado con fondos europeos do GAC2 Golfo Ártabro. Esta iniciativa executarase en varias fases nas que levarán a cabo tarefas para crear unha marca turística no marco do denominado Turismo Mariñeiro.

Este plan incluirá formación para os profesionais da hostalaría centrándose na innovación turística, no asesoramento para emprendedores interesados no sector, no deseño de rutas turísticas pola vila e no emprego das novas tecnoloxías para achegar información aos visitantes.

“Mar de Sada” profundará na identidade da comunidade pesqueira da vila, poñendo en valor o tradicional barrio de Fontán, as rúas onde viviron xeracións de mariñeiros sadenses. O proxecto comezou a xestarse no mes de outubro de 2014 e contará cun prazo máximo de execución dun ano.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s