Proxecto XIZC ría de Betanzos

XIZC RÍA DE BETANZOS

O proxecto “Xestión Integrada da zona costeira na ría de Betanzos como ferramenta de desenvolvemento do concello de Sada” busca crear unha iniciativa piloto de xestión integrada no ámbito da ría de Betanzos como mecanismo que asegure o desenvolvemento sostible da súa área litoral.

Logo_convinado

Esta iniciativa impulsada polo Concello de Sada e financiada con Fondos Europeos da Pesca (FEP) do Grupo de Acción Costeira 2 Golfo Ártabro, integrase dentro do Plan de Xestión da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

RÍA DE BETANZOS

A ría de Betanzos constitúe unha da maiores marismas do litoral de Galicia. A súa parte alta integrase dentro do Lugar de Interese Comunitario “Betanzos-Mandeo”, dentro da Rede Natura 2000, a súa parte baixa forma unha extensa e produtiva superficie aproveitada de maneira tradicional para o marisqueo e a pesca, e na actualidade tamén para o turismo náutico, a pesca deportiva e a acuicultura.presions_golfoartabro_senrosa

Estes usos e aproveitamentos poderían ser compatibles entre si e coa conservación do patrimonio natural da ría, aínda que actualmente existen certos factores que poden poñer en risco a súa viabilidade ambiental, entre os que están: focos de contaminación por vertidos das redes de saneamento; baixa conciencia ambiental sobre a fraxilidade da ría por parte da cidadanía; falta de coordinación entre administración e axentes locais e identificación de obxectivos comúns; escaso coñecemento sobre a cultura mariñeira e a súa historia na ría; ou dificultade para comercialización os produtos do mar de calidade.

ManAerea-9

RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

As Reservas de Biosfera integran zonas de ecosistemas costeiros, buscando conxugar a integración da poboación e da natureza, a fin de promover un desenvolvemento sostible mediante a participación, o intercambio de coñecementos e a capacidade de adaptación da sociedade.Logo_horizontal

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
(MCeTM)
foi declarada pola UNESCO o 28 de maio de 2013. Abarca unha superficie de 114.000 ha, situada entre as rías do Burgo e Betanzos e conformada polas cuncas dos ríos Mero e Barcés.

Destaca pola representación que posúe de tres das catro paisaxes definidas para Galicia, unha elevada diversidade biolóxica e unha importante representación de hábitats naturais. Inclúe área litoral, o espazo costeiro entre o espazo marítimo e o continental e a área continental, limítrofe coa zona costeira.

Plano Ria de Betanzos_Reserva

Montaxe RB

GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA GOLFO ÁRTABRO

O G.A.C. “Golfo Ártabro” constitúese no ano 2008 co obxectivo de ser o centro de representación e integración dos axentes do sector do mar e axentes, de carácter público e privado, territoriais, institucionais, sociais e económicos, interesados en promover un desenvolvemento sustentable do territorio de actuación (concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada, Bergondo, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene e Narón).

Golfo artabro

O “Plan Estratéxico Zonal 2007-2013”, elaborado coa participación dos axentes locais, marca as liñas fundamentais a seguir para conseguir un desenvolvemento integral e sostible da zona costeira do Grupo, incidindo na mellora económica, social, e medioambiental do territorio, en especial do sector do mar. A posta en marcha dunha iniciativa de Xestión Integrada das Zonas Costeiras resulta un dos obxectivos fundamentais dentro desta estratexia.

CONCELLO DE SADA

O municipio de Sada emprázase no sector noroccidental galego, enmarcado nas Rías Altas e máis concretamente dentro da ría de Betanzos.  Abrangue unha superficie total de preto de 28 km2, contando cunha poboación de 15.000 habitantes repartidos entre as súas 8 parroquias.

Logo_Sada_bo

O seu carácter costeiro e a proximidade á cidade de A Coruña (20 km) perfilan a súa fisionomía socioeconómica. Así, a pesca e o turismo destacan entre os motores de desenvolvemento existentes.

A preocupación por reforzar o crecemento do seu territorio levan aos seus responsables a promover o presente proxecto centrado na Xestión Integrada da Zona Costeira, co obxectivo de mellorar as condicións ambientais futuras da ría de Betanzos, afianzar o aproveitamento sostible dos seus recursos e a adquisición de novas responsabilidades medioambientais, procurando a creación de emprego coa identificación de novas oportunidades.

PlanoRia de Betanzos_2

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s