Xestión Integrada de Zonas Costeiras

A importancia do litoral

IMG_20150422_204036As zonas costeiras revélanse de vital relevancia para os territorios que delimitan, pois adoitan exercer de elemento aglutinante da poboación coa conseguinte dependencia das actividades económicas nelas xeradas. Paralelamente, dita concentración afecta en boa medida aos ecosistemas e hábitats presentes.

A situación exposta representa un reto para as administracións responsables, que deben atopar a maneira de xestionar a zona costeira sen renunciar a traballar a prol de ámbalas dúas metas; o desenvolvemento económico e a protección dos recursos naturais.

A Xestión Integrada da Costa

A Xestión Integrada tense identificado como o mecanismo necesario para asegurar o desenvolvemento sostible das Zonas Costeiras, un ámbito complexo tanto dende o punto de vista físico como socioeconómico.

As zonas costeiras teñen sido recoñecidas pola UE como áreas DSC_0415especialmente sensibles, como soporte de poboación, de actividades produtivas, con gran diversidade biolóxica e fonte de recursos.

A importancia estratéxica destas áreas cobra, se cabe, unha maior grado en Galicia, cuxa franxa costeira proporciona un amplo conxunto de singularidades xeográficas, sociais e administrativas.

 

Normativa

Dende o ano 1996, a Comisión Europea está a traballar na promoción de proxectos que contribúan a frear o deterioro e mellorar a situación das zonas costeiras na Unión Europea.

Algúns dos principais avances ao respecto recóllense en:

  • (COM/00/545 de 8 Sept. 2000)
  • (COM/00/547 de 17 Sept. 2000)
  • (COM 2007/308)
  • Decisión nº 1600/2002/CE
  • Directiva 2008/56/CE

Entre as últimas propostas, en  marzo de 2013, a Comisión puxo en marcha unha nova iniciativa conxunta sobre Xestión Integrada das Costas e a Ordenación do Espazo Marítimo.

DSC_0847

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s